CRTVG

Buscar

Cultura reúnese coa Biblioteca Nacional polo roubo dunha obra de Galileo

Publicado o 15/03/2021 10:55
Cultura reúnese coa Biblioteca Nacional polo roubo dunha obra de Galileo

Responsables do Ministerio de cultura e da Biblioteca Nacional reúnense este luns para falar do roubo do tratado astronómico Sidereus nuncius, de Galileo Galilei. O documento, un dos exemplares máis importantes do catálogo, é un tratado astronómico en latín impreso en Venecia en 1610.

A xuntanza prodúcese un día despois de que o xornal El País fixera pública a subtracción da obra, detectada no 2014, pero supostamente denunciada no 2018, un ano despois de que Ana Santos, a actual directora do ente, accedera ao seu cargo.

Segundo persoal técnico da entidade, o tratado substituíuse por unha copia. Varias restauradoras do organismo público detectaron a obra falsa en 2014 e comunicáronllelo aos mandos superiores. Porén, nin o actual ministro nin o anterior, José Guirao, tiñan información do roubo.