CRTVG

Buscar

'Cultura por alimentos', unha campaña de Afundación trocos para xuntar comida

Publicado o 28/09/2021 17:36

A nova campaña de Afundación, a Obra Social de Abanca, chamase 'Cultura por alimentos'. Con ela comeza hoxe un programa de 15 meses que pretende combinar a dedicación á educación e á cultura da entidade coa súa vocación social.

'Cultura por alimentos' xorde da idea tradicional do troco. Con ela, desde Abanca queren contribuír ao traballo dos bancos de alimentos que axudan milleiros de familias españolas. A xente entregará comida a cambio de acceso ás exposicións, actividades e eventos que organiza Afundación, e, malia que na maioría dos casos non será obrigatoria, esperan que sirva de estímulo para que a xente si participe a seguinte vez que vaia a un acto da entidade.

 

Noticias web

28/09/2021