Cuéllar: "Non estamos a ter sorte cos resultados, queremos máis"
Publicado o 29/09/2021 21:15
O Lugo xoga o domingo contra o Leganés en Butarque, rival que pugna por retornar axiña á Primeira. Pero no vestiario lucense fan pé no traballo e na autoconfianza para seguir medrando na competición. Levan dúas derrotas, catro empates e unha soa vitoria, a lograda ante o Huesca no Anxo Carro. Jaume Cuéllar, autor do gol do triunfo, ve ben o equipo, aínda que recoñece que falta algo, sen acertar a definir que é.