CRTVG

Buscar

Cuba, en alerta pola tormenta Elsa, que deixa catro mortos noutras illas do Caribe

Publicado o 05/07/2021 08:51

Elsa baixaba de categoría para converterse en tormenta tropical e deixa tres mortos noutras illas do Caribe. Todo o territorio cubano está nalgunha das distintas fases do protocolo que establece a defensa civil en caso de ciclóns ante a chegada inminente da tormenta, que transitará pola illa nas próximas horas. 

E coa ameaza de Elsa a piques de impactar sobre Florida, o concello de Miami decidía derubar parte dun edificio que quedaba en pé. Desde que o pasado 24 de xuño o edificio de 12 andares colapasara, os servizos de rescate non pararon de traballar e só o fixeron nalgunha ocasión debido ás fortes choivas. A cifra de vítimas mortais segue manténdose en 24 e hai 121 desaparecidos.

Noticias web

05/07/2021