CRTVG

Buscar

Cuarto día de cribado para veciños de entre 18 e 60 anos de Sada

Publicado o 13/02/2021 15:08

As cifras melloran en parte grazas aos cribados masivos que continúan nas zonas de incidencia alta. Son moitos menos que na fins de semana pasada, pero localidades como a coruñesa de Sada seguen facendo varridos poboacionais na procura de asintomáticos.

O cribado comezou o mércores. E vai continuar ata esta tarde na Casa da Cultura. Están chamados a facer as probas os veciños de entre 18 e 60 anos. Un total de 7.500 foron convocados a través dunha mensaxe ao teléfono móbil para formar parte deste cribado masivo, que neste caso é cun test de antíxenos.

Nesta terceira vaga da pandemia, Sada tivo un aumento considerable de contaxios. De aí que se traballe na detección de asintomáticos para frear a expansión do virus.  

Noticias web

13/02/2021