CRTVG

Buscar

Cuarto ataque do lobo en Ourol que deixa malferida unha ovella e mata outra

Publicado o 10/09/2021 13:59

Dúas ovellas son as últimas vítimas dos ataques atribuídos ao lobo na parroquia de Merille, en Ourol. Encontrábanse na horta dunha casa do lugar de Vilares, a onde os animais salvaxes accederon saltando un valo de pedra. Agora, os veciños din ter medo.

"Saltaron a cerca e, segundo parece, matoullas, as dúas. E así, a onde imos parar? Ademais, un muro de dous metros e pico. Non se pode ter nada. Dentro de pouco, veñen e pápannos a nós". "Parece que houbo en varios sitios. Cando veu ao principio, creo que matou seis ou sete, ao pé da casa dunha señora. E despois volveu, a Pousada, e tamén matou alí unhas cantas", comentan os veciños.

Nos tres ataques que se produciron nesta parroquia no que vai de verán, en total o lobo matou quince ovellas e carneiros, que foron valorados en preto de 3.000 euros. Os veciños piden que as administracións tomen medidas. Para evitar novos ataques ao gando, dende o Concello de Ourol reclaman por parte da Xunta que se realice un control da poboación de lobos.
 

Noticias web

10/09/2021