CRTVG

Buscar

Cualedro segue coas restricións máximas cunha incidencia que supera os 1.300 casos por cen mil habitantes

Publicado o 25/04/2021 14:47

Baixo as restricións máximas e a choiva, en Cualedro custa ver xente pola rúa.
Antonio só saíu hoxe polo xornal e volve para o sofá.

Moito desánimo tras unha nova repunta de casos, 22 veciños sofren a covid.
Atopamos xente na gasolineira ao pé da A-52, moi pouca polo peche perimetral do municipio.
Agardan que baixe a incidencia, moi alta en Cualedro, máis de 1.300 casos por 100.000 habitantes.

A vacina, a esperanza, e máis nestes municipios que coma Cualedro volven estar semiconfinados.

Noticias web

25/04/2021