CRTVG

Buscar

Cualedro sae este venres do nivel máximo de restricións despois de case un mes de peche

Publicado o 13/05/2021 14:31

O concello ourensán de Cualedro abandonará este venres o nivel máximo de restricións despois de case un mes pechados perimentralmente. Chegou a rexistrar 22 casos nunha poboación de menos de 1.700 veciños.

Tralas medidas adoptadas baixou a 5 os positivos polo que recuperará a mobilidade, as xuntanzas con non conviventes, respectando o límite establecido en toda Galicia, e apertura de bares e restaurantes que poderá atender no interior cunha cabida do 30 por cento e fóra ao 50. 

Os veciños están aliviados pero insisten en que se debe manter a precaución para evitar unha volta atrás.

Noticias web

13/05/2021