CRTVG

Buscar

Cribado en Cualedro que entrou este luns en nivel máximo de restricións

Publicado o 19/04/2021 20:43

Hoxe en Galicia ademais do Grove, A Pobra do Caramiñal e Carballeda de Valdeorras, tamén entra en nivel máximo de restricións o concello ourensán de Cualedro

Organizouse un cribado en Cualedro, coincidindo co primeiro día de restricións máximas. Á espera dos resultados, Cualedro conta con 9 positivos nunha poboación que non chega aos 1.700 habitantes. Hai unha semana tiñan tan só 1.

A incidencia supera os 500 casos por cada 100.000 habitantes. Isto levou a pechar perimetralmente o concello. A hostalería só pode servir para levar e non pode haber xuntanzas de non conviventes. Dende hai días os veciños procuran saír só para o imprescindible.

Pechado tamén o concello polo positivo dun traballador. No cribado participaron 426 persoas, o 71 por cento dos convocados.

Noticias web

19/04/2021