CRTVG

Buscar

Cualedro entra no nivel máximo de restricións

Publicado o 19/04/2021 14:14

Primeiro día en Cualedro, baixo o nivel máximo de restricións, e con preocupación entre o vecindario.

"Claro que hai preocupación, pero estes días de corentena hai que aguantar, facémolo polo noso ben", comenta un dos veciños.

Non se permite a actividade hostaleira, agás o servizo a domicilio ou a comida para levar. Yolanda Palomares, propietaria dun bar, explica que "nós estamos vendendo cafés a domicilio, non se pode facer máis, temos que desenchufar todo, máquinas, para ter o menos gasto posible, e ir tirando como nos deixan".

O peche perimetral decretado neste concello ourensán tampouco permite entrar nin saír del sen causa xustificada. Segundo o último balance, hai 9 casos activos nesta localidade de case 1.700 veciños, pero a incidencia a 14 días dispárase ata mais de 500 por cen mil.

"A xente está un pouco asustada", explica outro home, que tamén di que hai que tomar as medidas correspondentes e andar o menos posible entre a xente.

As dependencias municipais tamén están pechadas por un caso positivo. Pola tarde faráselle un cribado a uns 600 veciños de entre 18 e 74 anos.

 

Noticias web

19/04/2021