Cs pide o cesamento de Garzón por dicir que non está avalado que as FFP2 protexan máis
Publicado o 08/02/2021 20:40
O ministro de Consumo falou hoxe sobre se deben ser obrigatorias ou non as máscaras FFP2. Pois ben, Alberto Garzón di que non parece que haxa fontes rigorosas que acrediten unha maior protección respecto a outros tipos máscaras. Declaracións polas que Ciudadanos pide unha reprobación e o seu cesamento inmediato.