CRTVG

Buscar

Cruz Vermella busca familias de acollida para adolescentes e grupos de irmáns

Publicado o 26/10/2021 12:41

Unha das ocupacións da Cruz Vermella é a procura de familias dispostas a acoller no seu fogar menores en desamparo que están en centros da Xunta.

Segundo contan na Cruz Vermella de Ourense, no programa de acollemento familiar de menores hai dous grupos para os que a saída lles resulta menos doada: grupos de irmáns e adolescentes.

Os primeiros, por falta de espazo no fogar, e os adolescentes, polo prexuízo erróneo de que son problemáticos.

Sonia López, psicóloga da Cruz Vermella, asegura que "os adolescentes que chegan a acollemento é por un problema familiar da súa familia de orixe, non deles. E logo, cos grupos de irmáns, hai familias que si estarían dispostas a acoller grupos de irmáns, pero teñen un problema de falta de espazo físico. Porque se xa tes dous fillos e queres acoller outros dous e tes un coche de cinco prazas, o espazo físico complícase".

Noticias web

26/10/2021