CRTVG

Buscar

Cruceiros e grandes barcos deberán dicir adeus a Venecia para protexer a cidade dos canais

Publicado o 14/07/2021 09:27
Cruceiros e grandes barcos deberán dicir adeus a Venecia para protexer a cidade dos canais

A cidade de Venecia prohibirá a partir de agosto o paso polas súas augas de cruceiros e outras embarcacións de grandes dimensións.

A medida afecta a barcos de máis de 25.000 toneladas. O Goberno italiano cre que é unha medida necesaria para protexer a cidade. Ademais, declarou monumento nacional o seu famoso canal, e iso convérteo a partir de agora nun espazo protexido.

O mal estado de conservación levara a UNESCO a ameazar con sacar a Venecia da súa lista de cidades Patrimonio da Humanidade.

Noticias web

14/07/2021