CRTVG

Buscar

Creación de polígonos agroforestais para facer avanzar as explotacións

Publicado o 22/04/2021 20:24

As concentracións parcelarias en Galicia poderán reestruturarse. Así o contempla a Lei de recuperación de terra agraria, en fase de tramitación, e que inclúe, entre outras novidades, a creación de polígonos agroforestais.

Os concellos con maior produción gandeira de Galicia din que suporá un gran avance para as explotacións, que precisan cada vez de máis terreo.

Os polígonos que se creen poderán ser de iniciativa pública ou privada. No primeiro caso terán prioridade aqueles que agrupen máis dun 50 por cento de superficie abandonada. No caso dos privados será necesario un acordo de propietarios que representen, como mínimo, o 70 por cento da superficie incluida no polígono.

Noticias web

22/04/2021