CRTVG

Buscar

Críticas do PSdeG e do BNG e loubanzas do PPdG ante o discurso do Rei

Publicado o 25/12/2020 14:05

Reaccións ao discurso do Rei, tamén aquí en Galicia. O Partido Popular califícao de valente, pola súa sensibilidade cara a situación de España e a defensa da Constitución. O BNG critica a falta dunha alusión directa á situación do rei Xoán Carlos. O PsdeG bota en falta unha maior defensa do estado de benestar.

"Compartimos co discurso a prioridade na defensa da saúde, pero cremos que hai que facer unha referencia máis esplìcita aos riscos de desigualdade que implica a actual crise económica", di Gonzalo Caballero, Secretario xeral do PSdeG 

Néstor Rego, Deputado do BNG explica que  "pretender despachar cunha única frase, unha apelación xenérica á ética, os graves casos de corrupción de Xoán Carlos de Borbón, que implican a outros membros da familia, como o acual xefe de estado, so pode ser cualificado de ridículo"

"Foi un discurso sensible e valente na situación que atravesa o noso país, unha intervención isnpiradora, na que destaca o apoio aos que combatiron a pandemia e padecen os seus efectos de forma directa, tamén a defensa da Constitución nun momento en que está cuestionada dende o propio goberno de España", di Miguel Tellado, secretario Xeral do PPdeG. 

Noticias web

25/12/2020