Críticas de PSOE e Podemos á vacinación das infantas
A líder do BNG, Ana Pontón, tachou de bochorno a noticia de que o Ministerio do Interior pagou as axudas de custo dos escoltas que viaxaron coas infantas a Abu Dhabi.
A vacinación das irmás do rei tamén mereceu as críticas de Unidas Podemos e do PSOE. Pablo Iglesias, vicepresidente segundo do Goberno, cre que "a sociedade española non acepta que membros da Casa Real se vacinen de coronavirus en Abu Dabi cando hai moitos cidadáns españois que están disciplinadamente á cola para cando teñan dispoñibilidade das vacinas que lles corresponden. Empurran este debate nunha dirección que para nós é boa que é unha dirección de horizonte republicano".
A presidenta da Comunidade de Madrid, a popular Isabel Díaz Ayuso, quitoulle importancia: "Se as infantas se vacinaron fóra de España, non lle quitaron a vacina a ninguén. Se cada país ten unhas regras distintas e elas se vacinaron fóra, non teño nada que dicir ao respecto. Non creo que lle quitasen a vacina a ningún español".
Ao socialista e ministro de Política Territorial, Miquel Iceta, parécelle "fatal. O conxunto dos cidadáns constituímos unha comunidade baseada nuns vínculos de solidariedade, de confianza, e polo tanto paréceme moi mal que alguén, pola súa posición, salte a orde de vacinación".