CRTVG

Buscar

Críticas á nova lei da eutanasia nun Congreso de Bioética que se celebra en Madrid

Publicado o 09/02/2021 14:12

Críticas á nova lei da eutanasia, actualmente en trámite, no decurso do congreso sobre bioética. O presidente do Colexio de Médicos de Madrid considera que a pandemia tería consecuencias máis graves se a nova lei estivese xa en vigor, xa que os pacientes en UCI están illados e os familiares non poden velos, e co novo texto a morte podería declararse como natural.

Tamén o presidente do Comité de Bioética, órgano consultivo do Ministerio de Sanidade, pediu a retirada do proxecto de lei da eutanasia porque existe un gran risco de crear unha cultura da morte.

 

Noticias web

09/02/2021