CRTVG

Buscar

Cristóbal estreáse no banco do Rácing ante o Compostela

Publicado o 12/02/2021 20:54

Cristóbal e Manjarín tomaron os mandos do Rácing. Nesta segunda B que non acouga, os ferroláns tamén se moven para meterse no playoff. Cristóbal explicaba na súa presentación as razóns da súa fichaxe: "Sorprendeume o proxecto tan ambicioso que hai no club, as ganas de levar o equipo ao futbol profesional, en segundo lugar volver a Galicia onde me sentín moi a gusto e cómodo"
O seu pasado deportivista transcorreu baixo a presidencia de Tino Fernández, agora conselleiro do Rácing. Un Deportivo que visitará a Malata a próxima semana: " Ó principio non miras o calendario... Con Tino (Fernández) tiven unha boa relación no Deportivo", dixo o novo técnico departamental.

Pero a súa estrea será este domingo noutro derbi, ante o Compostela. "Coñezo ben ó seu adestrador da miña etapa no Fabril. Teremos diante un gran rival. É un bo campo para facer as cousas ben e espero que o equipo compita ben. Quedan poucos partidos pero hai que ser positivo e crer que o equipo pode lograr o obxectivo", sinala Cristóbal.

Empeza unha carreira contrarreloxio de seis partidos para meterse na pelexa polo ascenso.

Noticias web

12/02/2021