CRTVG

Buscar

Cristina gaña popularidade no goberno dos Fernández

Publicado o 26/03/2021 19:53

Como exmandataria e líder da principal facción do peronismo, a vicepresidenta Cristina Fernández de Kirchner acumula moito poder na Arxentina. De feito, a oposición sinala a Cristina como o cerebro que está detrás das principais decisións do Goberno.

Entre apupos foi recibido o presidente arxentino, Alberto Fernández, na súa visita á Patagonia hai unha semana. Esta baixa popularidade contrasta co crecente protagonismo da súa vicepresidenta, Cristina Fernández de Kirchner, sinalada como a verdadeira líder do Goberno arxentino.

A repercusión das súas cartas públicas, as disputas coa oposición ou as constantes críticas á Xustiza son algúns exemplos da influencia de Cristina Fernández. Unha influencia que tamén dificulta as negociacións co Fondo Monetario Internacional.

O kirchnerismo poñerá a proba o seu poder nas eleccións lexislativas de outubro.

 

Noticias web

26/03/2021