CRTVG

Buscar

Cristian Herrera volve a Elxe

Publicado o 07/09/2019 14:01
O dianteiro regresa como máximo goleador de Segunda

Malia as novidades, os goles no Lugo son cousa dun clásico, Cristian Herrera quen cumpre a súa terceira temporada no clube. Seu foi o último tanto lucense a pasada temporada. E seus, os tres que leva o equipo nesta Liga.

Cristian Herrera. C.D. Lugo. "Ao final son dianteiro, vivo do gol, é o meu traballo, pero teño que seguir traballando para mellorar cousas, sobre todo para axudar máis ao equipo, non só a marcar goles senón a mellorar na dianteira e darlle puntos ao equipo".

De momento, só o de Oviedo serviu para darlle ao Lugo un dos dous puntos cos que conta e que lle fai afrontar a xornada en postos de descenso.

Cristian Herrera. C.D. Lugo. "Un sempre se vai contento cada vez que marcar, pero non vale de moito se logo o equipo non pode sumar puntos".

Cristian Herrera chega a Elxe como máximo realizador de Segunda. Alí se deu a coñecer como futbolista profesional e alí foi onde marcou ante o Valencia, o seu primeiro gol en Primeira.

Noticias web

07/09/2019