CRTVG

Buscar

Cristian Herrera: "Gustaríame que os meus goles servisen para levar máis puntos"

Publicado o 26/09/2019 20:01

Cristian Herrera está a asinar un prometedor inicio de temporada. O dianteiro canario leva 4 goles nas 7 primeiras xornadas. 

"Moi contento por eses catro goles, a verdade é que para un dianteiro é sempre importante marcar gol. Gustaríame levar máis e non só levar máis senón que eses goles servisen para darlle todavía máis puntos ao equipo", apunta o goleador do Lugo.

Os números dos albivermellos son 5 empates, 1 vitoria e 1 derrota. Esta fin de semana chega o Tenerife, o equipo que ten xusto por detrás na clasificación.

"O Tenerife coa pelota xoga moi ben, é un equipo que é moi posuidor de balón e coido que ten bo equipo. Non te podes fiar de ningún equipo nesta categoría".

Noticias web

26/09/2019