CRTVG

Buscar

Crispación no Congreso durante a intervención de Bildu polas súas referencias o Rei

Publicado o 06/01/2020 09:41

A segunda sesión do debate de investidura tamén foi bronca. Nesta ocasión o terrorismo centrou os momentos máis polémicos. Durante a intervención da portavoz de Bildu as interrupcións foron continuas e foi preciso que a presidenta do Congreso pedira calma varias veces . Escoitáronse berros de asasinos e o deputado do PP Adolfo Suárez Illana deulle as costas a Aizpurua durante a súa intervención. O líder de Vox, Santiago Abascal, optou por abandonar o hemiciclo para non escoitar a Bildu. Tamén puidemos ver o abrazo entre Pablo Casado e o voceiro de Navarra Suma tras unha intervención en que Sayas atacou duramente a Sánchez por apoiarse na abstención de Bildu para conseguir a investidura.

Pero Cataluña tamén volveu ao debate. Fíxoo cando a voceira socialista lle agradeceu a Esquerra e especialmente a Rufián o seu apoio.

Adriana Lastra, voceira do PSOE no Congreso

Foi xusto antes de que Pedro Sánchez fixera un chamamento á moderación para pedir a confianza da cámara Pedro Sánchez, candidato á presidencia do Goberno

Neste segundo día de debate sí que puidemos ver a Errejón, ausente onte por enfermidade. Tamén vimos como Inés Arrimadas sacaba ata en tres ocasións unha carpeta co currículum da voceira socialista Adriana Lastra. Tralo debate, a votación, cun resultado agardado. 166 votos a favor, 165 en contra e 18 abstencións. Ana Oramas de Coalición Canaria votou non tal e como anunciara e Pedro Sánchez quedou a dez votos da maioría absoluta que precisaba para saír elixido presidente. Os 166 votos a favor que tivo hoxe sí que lle servirían para ser investido no pleno do vindeiro martes, que comezará ás doce do mediodía.

Noticias web

06/01/2020