CRTVG

Buscar

Crise dos microchips: Stellantis Vigo deixou de fabricar 7.000 coches esta semana

Publicado o 15/05/2021 19:47

O sector da automoción está vivindo as xornadas máis complicadas da crise dos microchips.
Queda por ver o que vai acontecer na vindeira semana, pero a automoción viguesa xa está a padecer graves atrancos.

Stellantis deixou de fabricar 7.000 coches por falta de compoñentes que levan incorporados chips. Onte pola noite tivo que suspender a produción nos dous sistemas de montaxe e hoxe non houbo nada de actividade na fábrica, coa esperanza de poder retomala na xornada dominical.

Unha vintena de empregados de Stellantis Vigo xa se tiveron que acoller ao ERTE, ao esgotarse outros mecanismos de flexibilidade laboral.

Noticias web

15/05/2021