CRTVG

Buscar

Cribados masivos no Clínico de Santiago e no Milladoiro

Publicado o 24/10/2020 20:59

Esta tarde comezou un novo cribado masivo no centro de saúde do Milladoiro,
Os citados a través dun SMS ían chegando aos poucos...
Con estas probas preténdese completar o cribado poboacional iniciado semanas atrás e no que participaron o 65 % dos citados.
"Imos intentar recuperar aquelas persoas que non puideron acudir a primeira vez e volveuse facer un segundo chamamento, e a idea é poder testar preto de 1.400 persoas", di Alfonso Varela Director Asistencial da Área sanitaria de Compostela e Barbanza
Durante todo o día tamén funcionou o Covid Auto na contorna do hospital Clínico. Alí fan a proba os que foron citados por teren contactos que deran positivo, os que presentan síntomas, persoal sanitario, os que teñen programada algunha cirurxía...
"Por protocolo téñenlle que facer unha PCR que ten que ser negativa para poder ingresar o martes, non temos ningún síntoma na casa"
"Miña muller deu positivo, pero xa non ten síntomas desde hai catro ou cinco días"
"Teño como unha especie de catarro con mocos e tose e xa nos dixeron no centro médico para descartar máis que nada"
A todos eles súmanse as case 800 persoas convocadas tamén por SMS para participar nun cribado masivo de persoas de entre 31 e 35 anos, con domicilio na zona do ensanche compostelán, onde hai unha incidencia alta de casos. O obxectivo é identificar o asintomáticos e frear a cadea de contaxios.

Noticias web

24/10/2020