CRTVG

Buscar

Cribados en Vilalba e no Vicedo para indagar sobre a circulación do virus

Publicado o 23/01/2021 22:10

En Vilalba Sanidade pretende identificar os casos asintomáticos, por iso está a facer un cribado masivo, que nesta ocasión vai dirixido aos mozos. Na localidade, que se mantén con restricións duras desde novembro, continúan aparecendo casos, e xa van 95. 

De xeito gradual e sen baixar do coche, recollen o equipo para facer o test de cuspe na súa casa. Desta volta as probas oriéntanse a mozos de entre 20 e 30 anos. Queren identificar os asintomáticos.

A detección faise a través dunha análise da cuspe e mañá volven coas mostras.

Vilalba mantense no nivel extremo de alerta por coronavirus. Con cribados masivos coma este pretenden ir atallando a situación, que no último rexistro suma 95 casos.

Tamén preocupan os datos do Vicedo, con 29 casos diagnosticados pero cunha taxa acumulada de 1.751 por cen mil habitantes.

Para coñecer con máis exactitude a circulación do coronavirus, mañá levarase a cabo un cribado, no que xa se inscribiron máis de seiscentos veciños.

Noticias web

23/01/2021