CRTVG

Buscar

Cribados en varios puntos de Galicia para detectar asintomáticos

Publicado o 17/04/2021 15:34

Proseguen os cribados en varios puntos de Galicia, para detectar asintomáticos. As autoridades sanitarias teñen o ollo posto na cidade de Vigo, sobre todo pola deteccións de casos da variante brasileira. Aquí 4.000 persoas de entre 16 e 35 anos están chamadas a realizar unha proba PCR. Na área de Ourense os cribados serán nos concellos do Barco, de Cualedro e de Rubiá, onde se convocaron 3.600 persoas de entre 18 e 74 anos. Na área de Pontevedra a atención céntrase en Vilanova de Arousa cun cribado que afecta 3.100 veciños e veciñas. Algo menos se citaron no concello de Cambre, 3.000 de entre 40 e 59 anos. Na área de Santiago o cribado máis grande estase desenvolvendo no municipio de Rois. Afecta 900 veciños de entre 40 e 54 anos. E xa por último, no concello lucense de Meira 400 persoas están convocadas a facer unha proba, a mesma cantidade que no concello de Ortigueira.

 

Noticias web

17/04/2021