CRTVG

Buscar

Cribado selectivo en Ames para máis de 2.600 persoas de entre 41 e 50 anos

Publicado o 08/05/2021 15:25
Cribado selectivo en Ames para máis de 2.600 persoas de entre 41 e 50 anos

Unhas 2.600 persoas están citadas esta fin de semana para realizar un cribado no centro de saúde do Milladoiro, no concello de Ames.
Os adultos chamados pertencen ao tramo de idade comprendido entre os corenta e un e os cincuenta anos.

Dende primeira hora gardaban cola para someterse á extracción de mostras nasofarínxeas coas que detectar casos de covid mediante probas PCR. Os citados coñecerán os resultados en 24 horas a través dunha mensaxe no seu teléfono móbil.

Segundo datos do concello, en Ames hai corenta e tres casos activos de covid, que farán que a partir do domingo o municipio suba a un nivel de restricións medio. Os citados valoraron positivamente a realización dos cribados.