CRTVG

Buscar

Uns 2.000 veciños de Ponte Caldelas citados a un cribado para detectar asintomáticos

Publicado o 16/05/2021 14:44

Ponte Caldelas afronta esta ponte festiva cun obxectivo prioritario, detectar posibles asintomáticos entre a veciñanza despois de que un traballador do polígono industrial da Reigosa dese positivo e contaxiase a outros membros da súa familia.

Por iso este domingo e o luns realizarán un cribado a unhas 1.900 persoas deste concello nun tramo de idade, os trinta e os 64 anos, onde se está detectando agora mesmo unha maior incidencia.

No último cribado realizado neste municipio detectáronse cinco asintomáticos o que axudou a cortar esa cadea de transmisión e frear a incidencia.

Ponte Caldelas está no nivel medio de restricións. Os últimos datos falan dun total de 13 positivos neste concello que conta cunha poboación de 5.700 habitantes.

Noticias web

16/05/2021