CRTVG

Buscar

Cribado para 900 veciños de Maside, que entra no nivel máximo de restricións

Publicado o 18/03/2021 20:49

Antes do Nadal o concello ourensán de Maside era dos libres de coronavirus. Hoxe con 13 positivos os veciños de entre 18 e 74 anos participan nun cribado masivo.

A elevada icidencia acumulada nas últimas semanas situou a Maside no punto de mira das autoridades sanitarias. Conscientes da situación os veciños sométense á proba PCR para controlar os contaxios.

Preocupados, a partir desta media noite Maside enfróntanse ás rectricións máximas.

Pecha a hostalería, os desprazamentos fóra do municipio só con xustificación e as xunstanzas coas persoas conviventes. Xunto a Maside están no nivel máximo Vilardevós, tamén na provincia de Ourense e Paradela, en Lugo.

Noticias web

18/03/2021