Cribado cunha alta participación no instituto de Mos, onde hai xa 22 casos de covid
Publicado o 22/05/2021 15:02
Con relativa tranquilidade están a vivir esta crise sanitaria no instituto de Mos onde xa se detectaron vinte e dous positivos e hai dúas aulas pechadas, unha delas é de terceiro da ESO.
En Mos hai a día de hoxe 62 casos activos e a progresión vai en aumento, onte eran 56. O Concello xa prevé que nos próximos días sigan medrando os casos e un cambio a nivel máximo, polo que solicitan que se faga a mínima vida social estes días.
Mos é o concello coa peor situación da covid da área sanitaria. Os responsables do Sergas e do centro están moi satisfeitos da altísima participación. Os próximos días poderíase programar un cribado universal para toda a poboación de Mos.