CRTVG

Buscar

Cribado masivo en Meira con 400 convocados para detectar novos gromos

Publicado o 17/04/2021 13:58

O cribado foi aleatorio entre todos os veciños. Búscase a orixe dos contaxios de varias persoas que non están relacionadas, por iso a mostra foi tan ampla.

Con cinco infectados, pasan a un nivel medio de restricións.
O cribado comezou ás nove da mañá. Entre os primeiros citados está o alcalde, Antonio de Dios.

Para atender os 400 convocados hai tres liñas para facer a PCR. Os máis dos profesionais levan dende o 1 de marzo facendo e recollendo as mostras.

O pavillón acolle o cribado, neste caso con música reguetoneira de fondo

Outra anécdota foi a desta veciña, que ao chegar arremangouse para que lle picaran no brazo. Anécdotas á parte, todos os veciños coinciden na importancia da proba.

Os resultados coñeceranse o luns.

Noticias web

17/04/2021