CRTVG

Buscar

A hostalería do centro de Lugo sométese a un cribado masivo

Publicado o 06/05/2021 14:56

O Sergas comezou a chamar o persoal de hostalería do centro de Lugo para un cribado masivo logo de que se detectara un gromo con catro contaxios nun establecemento. O rastrexo é fundamental para poder atallar canto antes o gromo e evitar novos contaxios.

Ramón Ares, xerente da Área Sanitaria de Santiago: "Acabar con posibles cadeas de transmisión. Son poucos casos os que apareceron e imos actuar de xeito preventivo para controlar toda a zona e evitar que aparezan novos casos".

Os hostaleiros da zona centro de Lugo insisten en que os seus locais están a cumprir con todas as normativas de seguridade sanitaria polo que confían en que o gromo no vaia a máis. Esperan poder traballar con normalidade nas condicións que se deriven do levantamento do estado de alarma.

O Sergas vai realizar esta fin de semana en Chantada un cribado masivo para seguir controlando o gromo vencellado a residencia de maiores da localidade.