Cribado masivo en Poio pola alta incidencia de coronavirus
Publicado o 30/01/2021 15:41
A choiva intermitente non disuadiu á poboación de Poio, sabedora da situación extrema que vive a localidade. Hoxe están citadas 2.862 persoas ás que se lles fará unha PCR cunha mostra de cuspe.
Quince profesionais do Sergas estarán en Poio ata o martes incluído. Desde o concello agradecen o esforzo da sanidade galega, xa que detectar positivos é a clave para frear a expansión do virus.
Así o entenden tamén os veciños, moi concienciados desde que hai unha semana o Concello chamou ao autoconfinamento pola escalada de casos desde Reis.
Tan só no cribado do Vao, onde vive medio milleiro de persoas, saltaron cen positivos.