Cribado masivo en Carballeda de Valdeorras, que está en nivel máximo de restricións
Publicado o 12/04/2021 20:58
Unha longa ringleira de xente agarda para participar no cribado, no pavillón do Sobradelo.
Nun só día subiron a 7 casos e agora xa están en 11. Un gromo que comezou no ambito laboral, entre os traballadores da lousa, e pasou ao familiar.
Entraron en nivel máximo este luns, coincidindo coa celebración, suspendida, das súas festas patronais.
Acudiu o 73,5 por cento dos citados no cribado. Unha imaxe que contrasta coa do resto da localidade con todo pechado dende a fin de semana.
Preocupa tamén a situación do Barco, que subiu 7 casos nas últimas horas, chegado á vintena de contaxios.