Cribado masivo con mostras de saliva a 7.700 veciños de Fene
Maria do Mar acode á carpa habilitada no barrio de San Valentín, para recoller o tubo e depositar unha mostra de saliva que lle permitirá descubrir se ten coronavirus.
Ela é un dos 2.150 veciños de Fene chamados para a primeira quenda do cribado masivo coa técnica do pooling.
En total son 7.700 veciños de entre 15 e 65 anos, case a metade da poboación, os convocados vía sms a este cribado co que o Sergas quere detectar posibles asintomáticos.
"Un sistema que xa se probou en 9 concellos e que xa procesou máis de 50.000 mostras de saliva e fomos quen de detectar máis de 150 positivos", explica Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade.
O concello de Fene conta actualmente cunha incidencia a 14 días de 695 casos por cen mil habitantes.
So nas úlitimas dúas semanas detectáronse 90 novos contaxios, mentres algúns agardan a chegada das vacinas.
O cribado, nos que traballa un equipo sanitario de 11 persoas, prolongaranse durante toda a semana.