CRTVG

Buscar

Cribado entre os traballadores do centro comercial As Termas para evitar que haxa contaxios

Publicado o 02/05/2021 13:39

Continúa o cribado no covid auto do HULA para coñecer a extensión dun gromo que se detectou no centro comercial As Termas. Están chamadas a realizar esta proba arredor de catrocentas cincuenta persoas, entre traballadores e contactos directos.

O obxectivo é identificar as persoas contaxiadas.

O cribado lévase a cabo logo de que se coñecera un contaxio nun establecemento de estética.

Para evitar a expansión do gromo os empregados sometéronse a probas PCR e paralelamente, desde a dirección do centro, adoptáronse medidas adicionais de limpeza e desinfección.