Cribado entre mozos de Ames, un dos concellos con nivel de restricións alto
Publicado o 07/08/2021 13:59
O concello de Ames está en nivel alto de restricións. Para estar dentro dos locais de hostalería os non vacinados precisan unha proba negativa recente. O alcalde pediu este cribado en parte como unha facilidade para eles.
Conseguir o certificado negativo pode ser un dos motivos para acudir á proba, aínda que os mozos cos que falamos viñan sobre todo por responsabilidade.
Noutros cribados entre mozos a participación foi menor da esperada. Hoxe neste viamos ringleiras á porta.
Hai que destacar o esforzo do persoal sanitario para a realización dos cribados. Neste participaron cinco enfermeiras, dous administrativos e dúas técnicas de laboratorio. Todos voluntarios, que fan isto a maiores do seu traballo diario.