CRTVG

Buscar

Cribado en Quiroga, onde só asiste ás clases o 10 % do alumnado ante a altísima incidencia acumulada

Publicado o 01/02/2021 14:42

Quiroga suma xa 121 casos, cun índice de case 3.800 por cada 100.000 habitantes. Unha cifra que preocupa, e moito. A maioría dos contaxios procede de dous gromos. Un deles, con máis de 60 casos, tivo ao parecer a súa orixe nun bar da zona.

Na rúa sorprende que un concello rural e disperso como Quiroga rexistre agora tantos casos.

A situación fai que hoxe fosen moitas as familias que decidiron non mandar os nenos ao colexio. Estes días apenas acoden á clase un dez por cento dos 166 matriculados. 

Esta tarde comezará no centro de saúde un cribado ao que están convocados máis de 500 veciños de entre 30 e 70 anos.

 

Noticias web

01/02/2021