CRTVG

Buscar

Cribado en Pontevedra a profesionais do taxi e da hostalaría

Publicado o 05/06/2021 14:29

A área sanitaria de Pontevedra realizará esta fin de semana un cribado preventivo aos colectivos dos sectores da hostalaría e do taxi. Comezaron este sábado e continuarán mañá domingo. Están citados máis de 800 profesionais.

As probas, mediante PCR, estanse a realizar nos exteriores do aparcadoiro do Hospital Provincial. Están chamados 830 profesionais do sector da hostalaría e restauración, e case un cento de traballadores do sector do taxi.

O obxectivo destes novos cribados é o de detectar posibles infeccións por coronavirus nestes grupos específicos que desenvolven o seu labor cotián cun alto grao de mobilidade e en contacto permanente cun número amplo de cidadáns.


 

Noticias web

05/06/2021