CRTVG

Buscar

Cribado en Lugo a todos os alumnos de bacharelato polos 22 positivos derivados do gromo de Mallorca

Publicado o 01/07/2021 14:40

Nas vindeiras horas, os alumnos de bacharelato da cidade de Lugo van ser convocados a un macrocribado no auto-covid do hospital Lucus Augusti. O Sergas, Educación e os centros ultiman as listaxes para comezar canto antes. Só na cidade apareceron xa 22 positivos. Por iso, pídenlle a mocidade a máxima implicación, malia estar nun período vacacional.

Ese é tamén o obxectivo dos cribados que se desenvolven entre os alumnos de bacharelato de Pontevedra. Algúns admiten que o comportamento nas viaxes e nas festas de fin de curso non foi o máis axeitado. Malia que algúns sinalan alguna escusa. Entre os seus familiares, algúns amosan comprensión, pero outros din que se vía vir.

A este cribado foron convocados máis de 350 alumnos de Pontevedra e O Salnés.

Noticias web

01/07/2021