CRTVG

Buscar

Cribado a toda a poboación de Wuhan tras detectarse dez casos de coronavirus

Publicado o 04/08/2021 08:44
Cribado a toda a poboación de Wuhan tras detectarse dez casos de coronavirus

En Wuhan onde todo naceu, acaban de detectarse apenas 8 casos e as autoridades ordenaron un cribado masivo a toda a poboación, máis de 11 millóns de habitantes. Un barrio enteiro xa foi confinado, e vólvense ver rúas baleiras.

Tras un ano sen detectar nin un só caso, a variante delta fixo retornar o coronavirus a capital de Hubei. En toda A China detectáronse, segundo informan as autoridades, uns 500 casos, repartidos en 20 cidades. Regresaron, de novo, as mascaras, os EPI e os cribados masivos. A China conta co 60 % da poboación vacinada.

Noticias web

04/08/2021