CRTVG

Buscar

Cribado a 3.000 veciños de entre 18 e 65 anos en Arteixo

Publicado o 13/04/2021 15:07

Estanse a facer cribados tamén na provincia da Coruña. O obxectivo nesta área e evitar que se estenda o virus antes de que os datos sexan preocupantes. Dentro duns minutos comezarán as probas masivas, concretamente en Arteixo.

Dende hoxe e ata o xoves pasarán por este centro de saúde de Vilarrodís 3.000 veciños de entre 18 e 65 anos. Faranlles unha proba PCR para buscar asintomáticos. Serán citados a través dunha mensaxe enviada aos seus teléfonos móbiles.   

Na última semana, no concello de Arteixo detectáronse 21 contaxios novos e, aínda que a incidencia non está en cifras preocupantes, quérese frear a transmisión do virus o antes posible.

Noticias web

13/04/2021