CRTVG

Buscar

Crean lugoaberto.es, un directorio de pequenos negocios lucenses

Publicado o 27/04/2020 19:34

Varias empresas de deseño e mercadotecnia de Lugo acaban de crear un directorio xeolocalizado de pequenos negocios da provincia. Trátase de lugoaberto.es, que é de balde tanto para os membros como para os usuarios e que xa aglutina máis de medio cento de firmas.

Omar Abelleira, cofundador de lugoaberto.es: "A única maneira de competir coas empresas grandes é que fagamos piña as empresas locais, e a maneira que se nos ocorreu de poder traballar nisto é un directorio gratuíto de empresas onde te podes dar de alta, xeolocalízate dentro dun mapa e desta maneira pódente localizar por un sector, pódenche comprar ou utilizar os teus servizos dentro da túa localidade."

O obxectivo deste novo directorio de empresas é darlles visibilidade aos negocios locais que ofrecen os seus produtos ou os seus servizos dunha forma ou doutra. Por esta razón, o proxecto céntrase en tres categorías principais.

Omar Abelleira, confundador de lugoaberto.es: "As empresas que están dando servizo agora mesmo, que están abertas, as empresas que poden enviar a domicilio os seus produtos e tamén darlles visibilidade ás empresas que teñan páxinas web, porque en realidade poden ofrecer os seus servizos a distancia."

E é que, a pesar da pandemia, Lugo non pechou.

Noticias web

27/04/2020