CRTVG

Buscar

Crean en Lugo unha app para encontrar os mellores locais de tapas da cidade

Publicado o 17/06/2021 21:23

Acompañadas dos seus mestres de Mercadotecnia do centro de FP da Mercedes, Victoria e Alba preséntannos o seu proxecto de fin de estudos. Céntrase na tapas e a idea xurdiu da experiencia de Alba cando chegou de Porto do Son a Lugo.

Como as tapas son para gozalas, apostaron por levar a idea á práctica e van lanzar unha app para analizar todos os bares de tapas de Lugo e que cadaquén escolla o que mellor se lle adapte.

Á tradición das tapas de Lugo súmase agora a innovación e o emprendemente destas mozas que buscan axudar un sector castigado coa pandemia.

O bo traballo delas e a boa man dos cociñeiros fai honor ao dito: "E para comer, Lugo".


 

Noticias web

17/06/2021