CRTVG

Buscar

Crea unha empresa de desinfección como alternativa á crise nos seus negocios

Publicado o 01/03/2021 14:47

Os primeiros ecos da covid-19 e as noticias que lle chegaban de compañeiros do sector turístico con negocios espallados por distintos países puxeron en alerta un empresario hostaleiro de Ribeira que durante o confinamento aproveitou para adiantar camiño.

"Coa evolución da pandemia decidín investigar un pouquiño máis e saquei uns pequenos manuais e faer a formación do noso persoal", di Anxo Rodriguez, xerente de Covid Free.

Formación que puxo en práctica durante o verán nos seus negocios turisticos e que quixo aproveitar ante a previsible paralización do sector.

"Quixen dar un paso mais alá, a formación esta empresa especializada en desinfección para este tipo de alteracións", di Anxo Rodriguez, xerente de Covid Free.

Aproveitou os empregados que xa tiña formados no seus establecementos turísticos para pór en pé esta nova empresa. A penas levan dous meses funcionando, pero asegura que non falta traballo, con resultados satisfactorios.

Noticias web

01/03/2021