CRTVG

Buscar

Covid-Bens diferencia as variantes da covid detectadas nas augas residuais da Coruña

Publicado o 18/04/2021 14:21

Desde abril de 2020, o equipo de Covid-Bens analiza a cantidade de virus presente nas augas residuais da Coruña e doutros catro municipios da súa contorna. É unha ferramenta de alerta capaz de estimar o número de persoas infectadas nunha poboación de máis de catrocentos mil habitantes e tamén de predicir gromos, adiantándose dúas semanas aos datos que recolle o sistema sanitario.

Agora o proxecto dá un paso máis para mostrar a secuenciación das variantes da covid-19. En decembro xa advertiu a presenza crecente da cepa británica, a dominante na actualidade. Covid-Bens pode concretar a porcentaxe que representa cada variante no total da carga viral detectada.

"Podemos determinar a abundancia que hai de cada variante no conxunto de poboación. Podemos dicir que proporción hai de cada variante. É importante porque as variantes determinan despois o comportamento do virus", explica a coordinadora do proxecto, Margarita Poza.

A presenza do virus nas augas residuais da área coruñesa non deixou de medrar desde finais de marzo.

Noticias web

18/04/2021