CRTVG

Buscar

Coudet recupera a Tapia, pero perde a Mallo para recibir o Athletic

Publicado o 11/03/2021 22:23

Non hai xornada en que o Celta poida dispoñer do equipo de gala ao completo. Ocorre así dende hai meses. De feito, para o domingo ante o Athletic Club, recupera a Renato Tapia, pero causa baixa Hugo Mallo por acumulación de tarxetas. Coudet debe decidir entre dous aspirantes a ocupar o seu posto: Kevin Vázquez, substituto natural, ou Aidoo, que xa probou na demarcación.

Quen non gañou aínda a titularidade é Augusto Solari. Nunha televisión arxentina dixo que vía a Coudet máis sereno. Os dous cadraron no Rácing de Avellaneda. Confesou tamén estar moi agradecido por vir ao Celta.

Noticias web

11/03/2021