CRTVG

Buscar

Coudet: "Queremos e necesitamos gañar"

Publicado o 17/09/2021 15:07

• Aidoo volver ser baixa por coronavirus

Gañar si ou si é a consigna para esta noite nun Celta no que os resultados, catro partidos despois de comezado o campionato, están dando mala vida a Coudet.

Eduardo Coudet, adestrador do R. C. Celta: "Cando non gaño, sufro. Dende que comezou o trofeo non marchei tranquilo ningún partido".

O adestrador celeste séntese en débeda cos seareiros, pero nin se lle pasa pola cabeza revisar a idea futbolística. Defende o modelo e culpa o calendario.

"Non levo tempo nesta liga, pero xa sei que o calendario condena un pouco", asegura Coudet.

É máis doado corrixir erros gañando, e por iso o partido co Cádiz é tan importante. A necesidade de callar un contorno menos condicionado polos resultados aprema o Celta, pero as precipitacións poden ser contraproducentes contra un equipo andaluz que tamén chega a Vigo con urxencias.

"Trataremos de ter paciencia máis alá das ganas que temos de levar os 3 puntos", comentou o adestrador do Celta.

Cervi está para saír nos once primeiros de Coudet despois de superar unha talalxia, e Aidoo cae do cadro de dispoñibles do técnico arxentino tras volver dar positivo en covid. 

Noticias web

17/09/2021