CRTVG

Buscar

Coudet quere un proxecto ambicioso para seguir no Celta

Publicado o 29/04/2021 21:18

Intúese que Eduardo Coudet necesita un proxecto interesante para seguir no Celta a próxima temporada. Hai menos de dous meses, preguntado pola ambición de mirar ós postos europeos, lembrou que el estaba afeito a pelexar por quedar primeiro.

"Estou acostumado na miña curta carreira coma adestrar a competir sempre por cousas importantes", dicía.

O Celta ten a sexta praza a nove puntos e un calendario con rivais directos. Coa permanencia case certificada o gran motivador do equipo pode ser Iago Aspas. Hoxe declarou que merecería ter máis continuidade na selección. Quererá voar para esgotar as súas opcións con Luis Enrique.

"Luis Enrique sabe que é un xogador co que pode contar. Eu téndoo todos os días fáiseme moi difícil pensar que non vai estar na Eurocopa, pero ten aínda 5 partidos para meter un pouco máis de presión. Que raro, que el cos números que ten, teña que meter máis presión", considera Coudet.

Quen non vai estar contra o Levante é Hugo Mallo. "Polo seu carácter quere estar, pero eu tomei a decisión de que non o imos utilizar", revelou o técnico arxentino, que prefire non correr riscos despois de que o lateral se tivese que retirar ao comenzo do partido contra o Osasuna.