CRTVG

Buscar

Coudet quere selar xa a permanencia: "Hai que cumprir canto antes o obxectivo principal"

Publicado o 23/04/2021 21:17


Europa era un soño, que se evaporou definitivamente en Anoeta. A derrota de onte ante a Real Sociedade sitúa o Celta a once puntos de postos europeos.
Unha distancia case insalvable. Aínda que o xogo desenvolvido polos celestes buscou o premio da ilusión. Pero non puido ser, así que o obxectivo pasa agora por gañar matematicamente a permanencia canto antes. Un reto máis doado, xa que ten outros once puntos de colchón. O domingo recibe o Osasuna, que xa está salvado.
 

Noticias web

23/04/2021